Ir o contido principal
STG

Tribunal

PROPOSTA DO TRIBUNAL

  1. A proposta da CAPD de tribunal da tese estará formada por oito especialistas.
    • Débese proporcionar ao persoal de apoio do programa dita proposta cos datos actualizados dos membros do tribunal para o seu traslado a Xescampus.
    • Todas as persoas propostas deberán asinar o documento de aceptación a formar parte do tribunal no que constará a súa declaración responsable de cumprir os requisitos para ser membro do mesmo máis non incurrir en conflito de interese.
    • Poderase incluír como documentación adicional para a EDIUS un escrito da CAPD de suxestión de tribunal titular.
  2. Non poderán ser membros do tribunal:
    • As persoas directora(s) e titora da tese.
    • Calquera outra que incorra nas causas de abstención establecidas no artigo 23 da Lei 40/2015 do 1 de outubro.
    • As persoas coautoras de publicacións derivadas da tese de doutoramento.
  3. Na proposta de tribunal non poden constar máis de tres membros dunha mesma institución.
    • No caso de teses que opten á Mención Internacional, na proposta do tribunal, aprobada pola CAPD, deben figurar dúas persoas expertas pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non españois, que non fosen os supervisores da estancia(s) (un titular e un suplente).
  4. No caso de teses realizadas en réxime de cotutela, estarase ao disposto no convenio asinado para o efecto.

NOMEAMENTO DO TRIBUNAL

  1. Segundo o recollido no artigo 42 do Regulamento de estudos de doutoramento, dos oito membros do tribunal propostos, a Comisión Executiva da EDIUS, tras a autorización da defensa da tese, nomeará a tres titulares e tres suplentes, un por cada titular, e notificará o nomeamento a todos os interesados.
  2. Na designación do tribunal, entre os titulares e suplentes non haberá máis de dúas persoas dunha mesma institución ou persoal asimilado desta, de modo que o tribunal que actúe na defensa non poderá estar constituído por máis dun membro da mesma institución.
    • No caso de programas interuniversitarios non poderá actuar como tribunal máis dunha persoa da USC ou de universidades ou institucións colaboradoras no programa.

ACTO DE DEFENSA

  1. A tese de doutoramento avaliarase no acto de defensa, que terá lugar en sesión pública, e consistirá na exposición e defensa pola persoa doutoranda do traballo de investigación elaborado ante os membros do tribunal.
  2. No acto académico de defensa da tese comezará tomando a palabra a persoa que ostente a presidencia do tribunal, quen presentará á persoa doutoranda e ao resto de membros do tribunal, e:
    • Establecerá como se vai a desenvolver o acto de defensa.
    • Determinará o tempo do que dispón a persoa doutoranda para facer a presentación do seu traballo de tese.
  3. A continuación, dará a palabra á persoa doutoranda para a exposición oral da súa tese.

ACTA E CUALIFICACIÓN DA TESE

  1. Para todas as modalidades de defensa o tribunal terá á súa disposición unha única acta electrónica e o acceso ao formulario en liña para a votación para o concesión ou non da mención cum laude e a avaliación da tese para premio extraordinario de doutoramento.
  2. A cualificación da tese concedida por unanimidade do tribunal no acto de defensa poderá ser: Non apto, aprobado, notable ou sobresaliente.
    • O tribunal poderá outorgar a mención de cum laude se a cualificación global é de sobresaliente e se emite en tal sentido o voto segredo positivo por unanimidade.
  3. A Universidade habilitará mediante un formulario o mecanismo necesario para a materialización da concesión final da devandita mención, se fora o caso, garantindo que o escrutinio dos votos para esta concesión se realice en sesión diferente da correspondente á de defensa da tese de doutoramento.
  4. A acta será enviada asinada electronicamente pola persoa secretaria do tribunal ao correo electrónico doutoramento [at] usc.es (doutoramento[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas.
    • Se a documentación non se pode asinar electronicamente, esta poderá asinarse fisicamente e enviarse ao SXA por correo postal certificado ou mensaxería, á dirección:

Universidade de Santiago de Compostela
Servizo de Xestión Académica – Terceiro Ciclo
Pavillón Estudantil – Campus Vida
15782 – Santiago de Compostela (A Coruña)

O persoal que forme parte dos tribunais de tese e que actúe de xeito presencial terá dereito a indemnización unicamente polos conceptos de axudas de custo e gastos de viaxe.

Os membros dos tribunais de tese clasificaranse na categoría primeira das sinaladas no anexo I para os efectos de percibir as indemnizacións establecidas no apartado anterior.

Estará autorizado o gasto para membros de tribunais de tese nos seguintes casos:

  • Defensa totalmente presencial: poderá autorizarse gasto relacionado co desprazamento dos membros do tribunal que actúan de forma presencial en Santiago ou en Lugo.
     
  • Defensa semipresencial: Só poderá autorizarse gasto relacionado co desprazamento dos membros do tribunal que actúan de forma presencial en Santiago ou en Lugo.
     
  • Defensa virtual: non procede tramitación de gasto en concepto de axudas de custo e locomoción

O custo das indemnizacións non poderá superar:

  • Teses de Doutoramento sen Mención Internacional: 600 € para a totalidade do tribunal.
     
  • Teses de Doutoramento con Mención Internacional: 1.100 € para a totalidade do tribunal (incluíndo o membro internacional).

O procedemento de pagamento e de solicitude de financiamento á Xerencia, mantense sen variación algunha.