Ir o contido principal
STG

Política de calidade

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela é una institución pública que atopa a súa razón de ser na procura da excelencia na preservación, xeración, transmisión e difusión do coñecemento de xeito socialmente responsable.

Isto faise mediante a formación de científicos/as de calidade e profesionais altamente cualificados no ámbito da bioloxía capaces de afrontar os retos dunha sociedade en continuo cambio. O compromiso coa sociedade materialízase na formación destes profesionais que devolverán, mediante os seus servizos, o que esta investiu na súa formación a través do financiamento público da universidade.

A visión da Facultade de Bioloxía e contar cunha oferta de títulos atractiva, actualizada, diversa, en consonancia co desenvolvemento socioeconómico da contorna e as demandas da sociedade que a finanza. Esta oferta será quen de captar a estudantes cun elevado rendemento académico e que teñan unha gran motivación. Tamén aspira a ser unha Facultade de Bioloxía de recoñecido prestixio nacional, que chegue a ser un referente e que destaque pola súa solvencia académica con estudantes que amosen elevadas taxas de éxito nos seus estudos e egresados/as cunha alta taxa de inserción laboral. Por outra banda, persegue ser unha facultade cunha actividade investigadora recoñecida que responda ás demandas da contorna e a criterios de excelencia científica que a proxecten internacionalmente. Finalmente mantén o propósito de ser unha facultade participativa na que todas as estratexias estean centradas nas persoas, nas súas competencias e condicións de traballo, para conseguir que todo o seu persoal estea altamente cualificado e motivado.

A Facultade de Bioloxía cumpre as súas funcións tendo en conta valores éticos como: o compromiso e responsabilidade social, a conciencia ambiental, o pensamento crítico, a integridade, a transparencia na información e nos procesos, a atención ás persoas con discapacidade e á igualdade de xénero. Entre os seus valores profesionais destaca a cultura da calidade e a mellora continua.

Considéranse os valores máis destacables do Centro:

  • A preservación e potenciación dos nosos propios sinais de identidade.
  • A procura permanente da mellora en todas as actividades universitarias.
  • O compromiso cunha xestión baseada no diálogo, a participación, a confianza e a responsabilidade compartida.
  • O compromiso cun desenvolvemento sostible, coa equidade e coa eliminación de todo tipo de discriminacións.
  • O compromiso coa transferencia de coñecemento á sociedade como contribución ao desenvolvemento social e económico de Galicia.

A Facultade adquire o firme compromiso de garantir a calidade nesta e establece a súa política baixo estes principios:

  • Responsabilidade: proporcionar unha formación dirixida cara á excelencia garantindo unha oferta académica acorde coas necesidades e expectativas dos/as nosos/as usuarios/as e da sociedade en xeral.
  • Integración, participación e igualdade: esta facultade establece como un dos principios claves da súa política que todas as necesidades dos seus grupos de interese sexan atendidas e que todos/as participen no desenvolvemento da Facultade a través das vías establecidas, garantindo para iso a accesibilidade, a participación e a igualdade.
  • Orientación ao alumnado: este centro garante no seu programa formativo a orientación ao alumnado entendendo que é o principal receptor deste.
  • Excelencia: o traballo da Facultade realízase tendo como meta acadar a excelencia que marcan os principais modelos de calidade universitaria e as principais Escolas e Facultades recoñecidas.
  • Transparencia: a Facultade basea a xestión do seu programa formativo na transparencia nos seus resultados e na difusión destes aos seus grupos de interese.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2023.