Ir o contido principal
STG

Prácticas

As prácticas académicas externas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

As prácticas favorecen a adquisición de competencias que preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) no Grao en en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural constitúen unha materia de 4.5 ECTs de carácter optativo.

Para iso, a Facultade de Humanidades realiza anualmente unha convocatoria pública da oferta existente para realizar prácticas externas en institucións públicas ou empresas privadas que acollen ámbitos profesionais nos que se pon en práctica a converxencia entre a cultura e a comunicación, a organización de manifestacións culturais e a difusión do patrimonio.

Para poder realizar prácticas externas, o alumnado debe ter superados polo menos 132 créditos de formación básica e obrigatoria, incluídos todos os créditos de 1.º e 2.º curso do Grao.

Prácticas externas. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Prácticas externas. Máster Universitario en Servizos Culturais

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2021.