Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Servizos Culturais (4ª edición)

Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Humanidades
Complexo docente do Campus de Lugo, 27002
Lugo
982824700 (Conserxaría)
982824703 (Decanato)
fhdeca [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Miriam Elena Cortés López
Contacto
miriamelena.cortes [at] usc.es

A importancia da cultura como espazo no que xerar recursos económicos para a sociedade, é dicir, como sector económico, combínase neste Master cunha visión constructivista dos servizos culturais, segundo a cal as persoas que se formen neste sector do coñecemento deben ser capaces de deseñar, producir e implementar, a máis diso valorar, os recursos que teñen que ver co goce por parte da sociedade dos recursos patrimoniais e das realidades da cultura en xeral. Neste sentido, Galicia foi historicamente un espazo no que se conformou unha orixinal realidade cultural, da que os/as estudantes do máster deben facer partícipes a toda a sociedade.
No formato híbrido que se escolleu para a impartición do novo Máster en Servizos Culturais asegúrase aínda mellor do que no anterior formato semipresencial a consecución dos obxectivos de aprendizaxe.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 3500263
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
GONZALO FRANCISCO FERNANDEZ SUAREZ

Coordinador-a do título:
Miriam Elena Cortés López
miriamelena.cortes [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Créditos que deberá cursar ou alumno para obter a titulación:
 Obrigatorias: 33
 Optativas: 15
 TFM:12
o Total: 60
As materias obrigatorias organízanse temáticamente nos seguintes módulos:
• Módulo 1: Fundamentos humanísticos (9 créds)
- O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual (3 créds)
- Interculturalidade e políticas culturais (6 créds)
• Módulo 2: Patrimonios (15 créds)
- Patrimonio cultural e a súa normativa (3 créds)
- Cultura escrita, patrimonio documental e paisaxe histórica (6 créds)
- Patrimonio arqueolóxico e etnográfico con dixitalización (6 créds)
• Módulo 3: Saberes lingüísticos instrumentais (9 créds)
- Escritura académica e divulgativa e prácticas de oratoria (6 créds)
- Linguas internacionais para a comunicación cultural (inglés, portugués, francés) (3 créds, a elixir unha delas).
Pola súa banda, as materias optativas organízanse nas seguintes dúas especialidades, cada unha das cales configura un módulo e está formada por cinco materias de tres créditos:
• Módulo 4: Políticas culturais contemporáneas
- Xestión da diversidade lingüística
- Políticas de xénero e xestión cultural
- Procesos de patrimonialización da literatura
- Cultura oral: investigación, recuperación e xestión
- Migracións contemporáneas e diversidade cultural
• Módulo 5: Industrias culturais
- Desenvolvemento local e territorial
- Deseño de eventos e roteiros culturais
- Cultura e artes na era global
- Xestión de proxectos culturais
- Análise económica dos eventos culturais e comunicación en cultura
As prácticas externas poderán ser cursadas por alumnado de ambos os módulos optativos, substituíndo a dúas materias de tres créditos cada unha.

• Especialidade en Políticas Culturais Contemporáneas.
• Especialidade en Industrias Culturais.

O primeiro semestre dedícase en exclusiva ás materias obrigatorias pois se considerou que estas son un prerrequisito para cursar posteriormente a optatividade, que se desenvolve ao longo do segundo semestre. Neste só considerouse a necesidade de incluír unha materia obrigatoria e unicamente de tres créditos.

Este Máster está dirixido a persoas con titulación académica no ámbito das Humanidades. Tamén se dirixe aos titulados dos estudos superiores de artes aplicadas, audiovisual, música, etc. É tamén de gran interese para aquelas persoas do ámbito das Ciencias Sociais con maior vinculación co mundo da creatividade graduados no ámbito da economía e a empresa.
Está dirixida, en resumo, a estudantes que desexen formarse no mundo dos servizos culturais desde unha dimensión multidisciplinar, polo que mesmo aquelas persoas que non proveñan dos ámbitos de coñecemento que acaban de ser sinalados, pero si posúan un título universitario de grao, licenciatura ou equivalentes, poden atopar no máster unha formación acorde aos seus intereses.
Os servizos culturais son un vasto campo de acción que integra todas as actividades relacionadas coa produción e consumo cultural na sociedade moderna. O obxectivo do máster é formar especialistas de alto nivel na análise e xestión da cultura nun sentido amplo e aplicado, así como na xestión, deseño e programación de actividades e proxectos culturais de índole diversa (exposicións, espectáculos audiovisuais, museos, galerías, dinamización do patrimonio material e inmaterial, posta en valor de bens culturais, etc).

Créditos que deberá cursar ou alumno para obter a titulación:
 Obrigatorias: 33
 Optativas: 15
 TFM:12
o Total: 60
As materias obrigatorias organízanse temáticamente nos seguintes módulos:
• Módulo 1: Fundamentos humanísticos (9 créds)
- O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual (3 créds)
- Interculturalidade e políticas culturais (6 créds)
• Módulo 2: Patrimonios (15 créds)
- Patrimonio cultural e a súa normativa (3 créds)
- Cultura escrita, patrimonio documental e paisaxe histórica (6 créds)
- Patrimonio arqueolóxico e etnográfico con dixitalización (6 créds)
• Módulo 3: Saberes lingüísticos instrumentais (9 créds)
- Escritura académica e divulgativa e prácticas de oratoria (6 créds)
- Linguas internacionais para a comunicación cultural (inglés, portugués, francés) (3 créds, a elixir unha delas).
Pola súa banda, as materias optativas organízanse nas seguintes dúas especialidades, cada unha das cales configura un módulo e está formada por cinco materias de tres créditos:
• Módulo 4: Políticas culturais contemporáneas
- Xestión da diversidade lingüística
- Políticas de xénero e xestión cultural
- Procesos de patrimonialización da literatura
- Cultura oral: investigación, recuperación e xestión
- Migracións contemporáneas e diversidade cultural
• Módulo 5: Industrias culturais
- Desenvolvemento local e territorial
- Deseño de eventos e roteiros culturais
- Cultura e artes na era global
- Xestión de proxectos culturais
- Análise económica dos eventos culturais e comunicación en cultura
As prácticas externas poderán ser cursadas por alumnado de ambos os módulos optativos, substituíndo a dúas materias de tres créditos cada unha.

Os estudantes poderán atopar a información concreta sobre os estudos de máster na páxina web da USC. Ademais, a USC conta cun programa específico de información e difusión da súa oferta de estudos a través dun perfil específico na súa páxina web dirixido a futuros estudantes:
http://www.usc.es/es/ perfis/futuros/index.html
De forma previa ao comezo do curso, os alumnos dispoñen na páxina web da USC de información puntual sobre horarios, calendarios de exames, programas e guías das materias.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Para o caso deste Master, establécense os seguintes requisitos específicos:
· Titulación de acceso
1. Preferencia alta: Titulacións de nivel de Licenciado ou Grao da rama de coñecemento Artes e Humanidades e da rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas
2. Preferencia baixa: Outras titulacións universitarias
Acreditar un nivel B2 de lingua española ou lingua galega do MCER ou equivalente (Obrigatorio no momento de acceder ao título) para estudantes cuxa lingua materna non sexa o español ou o galego.

Admisión

Exclusivamente nota media do expediente académico: 100%
As solicitudes de admisión avaliaranse e ordenarán atendendo exclusivamente á nota media do expediente académico.
A adxudicación de prazas realizarase empezando polas solicitudes con titulación de acceso de preferencia alta e, en caso de quedar vacantes, continuarase coas de preferencia baixa, sucesivamente.

 Contribuír á por ao dispor da sociedade dos principais contidos culturais xerados nun espazo determinado.
 Deseñar instrumentos atractivos e que engadan valor aos contidos da cultura para a súa goce en espazos concretos e para públicos diversos.
 Proporcionar unha introdución xeral aos contidos de diversas áreas de coñecemento que poida servir de punto de partida a aquelas persoas que decidan penetrarse na investigación nas diversas áreas de coñecemento que están presentes no título.
 Facer conscientes ás persoas que acceden ao título da relevancia das principais características da nosa sociedade para os procesos de transmisión da cultura.
 Subliñar a relevancia das linguas como vehículos de transmisión de contidos culturais, tanto no relativo ás linguas ambientais como ás linguas internacionais.
 Asumir o desafío de transmitir á sociedade aspectos relevantes da cultura de épocas pasadas que se determinaron mediante procesos de investigación, dunha forma activa e como parte da aprendizaxe das características intrínsecas da natureza humana.

Especialidade de Políticas culturais contemporáneas
 Coñecer as principais características da xestión pública dos bens culturais: os recintos de custodia (museos, centros de interpretación, mantemento in situ etc.), os perfís profesionais ligados a estes ámbitos, as pautas normativas nacionais e internacionais que os condicionan, etc.
 Subliñar o potencial económico e en termos de desenvolvemento territorial da cultura, como ferramenta contra o despoboamento de espazos periféricos e de asentamento de novos/as poboadores/as.
 Coñecer a relevancia que adquiren aspectos como o multilingüismo, as migracións ou as políticas de xénero como vectores principais da xestión cultural pública no momento actual, así como o potencial que estes presentan á hora de deseñar proxectos culturais destinados a diversas institucións.
 Familiarizarse coas principais metodoloxías de análises implementadas desde as distintas áreas de coñecemento e utilizalas como recurso para o deseño de proxectos culturais de diverso tipo.
Especialidade de Industrias culturais
 Estudar a dimensión económica da cultura desde os parámetros clásicos da xestión económica.
 Coñecer as principais características dos documentos que se poden analizar baixo a etiqueta de proxectos culturais.
 Coñecer a relevancia das axencias internacionais na formulación de propostas concretas de xestión cultural.

Comp01 - Competencia para detectar posibles rumbos discriminatorios na confección de proxectos e iniciativas culturais, ben sexa por razón de raza, xénero ou diversidade funcional das persoas.
Comp02 - Competencia para promover a converxencia (e detectar as diverxencias) entre os proxectos e iniciativas culturais deseñados e as principais directrices transnacionais elaboradas para estes (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e outros).
Comp03 - Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos desenvolvidos nela para o traballo en xestión cultural.
Comp04 - Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e a diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbanos como rurais.
Comp05 - Competencia para avaliar, deseñar e implementar distintos tipos de proxectos e políticas culturais de gobernos, institucións e empresas na súa relación directa co concepto de interculturalidade.
Comp06 - Competencia para aplicar as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e para reflexionar e revisar críticamente as dinámicas socioculturais existentes.
Comp07 - Competencia para utilizar instrumentalmente as linguas da comunidade e internacionais no ámbito da xestión cultural, tanto no deseño de materiais escritos como na comunicación oral.
Comp08 - Competencia para ler, interpretar e producir textos académicos de certa complexidade e pertinentes para a xestión cultural, tanto nas linguas da comunidade como en linguas internacionais.
Comp09 - Competencia para realizar versións divulgativas e en soportes diversos dos materiais científicos que versan sobre bens culturais.
Con12 - Coñecer as características fundamentais dun proxecto cultural en función das súas finalidades e destinatarias/os.
Con13 - Coñecer as metodoloxías de reprodución dixital de realidades da cultura.

H/D01 - Buscar información acerca das realidades da cultura en formatos diversos, desde a consciencia das circunstancias derivadas da dixitalización da información e da relevancia dos formatos académicos.
H/D02 - Analizar a información dispoñible sobre as realidades da cultura, con vistas á súa transmisión á sociedade e en función dos obxectivos fixados en cada caso e das circunstancias relacionadas coas persoas receptoras desta.
H/D03 - Valorar criticamente os materiais dispoñibles sobre as realidades da cultura como produto dun tempo, espazo, ideoloxía e corrente interpretativa determinada e en función do seu formato.
H/D04 - Detectar e prestar unha atención especial a aqueles fenómenos emerxentes que modifican o rumbo da interpretación das realidades culturais nun tempo e espazo determinados.
H/D05 - Adquirir habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como aos valores democráticos e da cultura de paz.

Con01 - Coñecer en profundidade os trazos esenciais que definen o tempo presente e os principais retos do mundo actual.
Con02 - Adquirir aqueles coñecementos básicos de determinadas realidades do pasado que se converteron en clave para accións de xestión cultural de diverso tipo.
Con03 - Coñecer os diferentes desenvolvementos do termo patrimonio en distintas áreas do traballo en cultura, valorando os seus elementos en común e aqueles diferenciais, así como as principais liñas de xestión patrimonial implementadas na nosa sociedade.
Con04 - Coñecer a tipoloxía de políticas culturais públicas e privadas das que se nutre a sociedade contemporánea, así como a súa significación histórica, alcance e repercusións na contemporaneidade e o seu valor no deseño de proxectos de programación cultural.
Con05 - Comprender a realidade contemporánea como atravesada polos desafíos da interculturalidade, a igualdade de xénero e a integración da diversidade.
Con06 - Comprender de forma razoada o interese do diálogo intercultural e a necesidade de respecto ás diferenzas culturais.
Con07 - Coñecer e identificar os principais recursos, axentes e actores que interveñen nos procesos do desenvolvemento local e territorial.
Con08 - Aproximarse ás principais metodoloxías de recollida e tratamento das realidades culturais.
Con09 - Coñecer as características da linguaxe académica e divulgativa, oral e escrito, nas linguas ambientais da comunidade e no traballo aplicado á xestión cultural.
Con10 - Coñecer as características da linguaxe académica e da norma estándar na oralidade e a escritura, dunha das tres linguas internacionais presentes no plan de estudos, centrándose no ámbito da xestión cultural.
Con11 - Coñecer os aspectos básicos da relación entre economía, comunicación e cultura.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
Inicialmente non se contemplan accións de mobilidade específica para este título, aínda que se espera que os órganos de responsabilidade a nivel da Universidade de Santiago implementen medidas destinadas a conseguir que o alumnado de másteres de 60 créditos poidan realizar mobilidades.

Prácticas

O título contempla unha materia de 6 créditos denominada Prácticas académicas externas, pensada para que o alumnado entre en contacto con espazos nos que se traballen os servizos culturais de maneira real. O tamaño da materia equivale a un 10% dos créditos do MSC, o que dá idea da súa envergadura e interese no plan de estudos.
Os convenios de prácticas en vigor ata o momento actual preséntanse difererenciadas nas dúas especialidades das que consta o Máster.
Na especialidade Políticas Culturais contemporáneas incluíronse aqueles convenios que están ligados a institucións públicas, considerando que estas son as que principalmente deseñan e executan este tipo de políticas.
Na especialidade Industrias Culturais sitúanse aqueles convenios que implican a realización de prácticas en empresas do mundo da cultura, sexa cal for o formato xurídico ou laboral destas (autónomos/as, cooperativas, empresas de servizos culturais etc).

O Traballo Fin de Máster é unha materia de 12 créditos. Toda a información relativa ao Traballo Fin de Máster será posta ao dispor do alumnado na aula de coordinación da titulación, e será obxecto dunha sesión titorial específica ao comezo do segundo semestre.
O TFM consiste na elaboración por parte do ou da estudante dun proxecto ou estudo que se realizará individualmente baixo a orientación dun titor e que lle permitirá mostrar de forma integrada as competencias e coñecementos adquiridos no Máster.
O procedemento e a normativa aplicable para o depósito e avaliación do TFM atópase no “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dúas Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.
O TFM será cualificado por un tribunal, formado por tres membros titulares e un suplente ou suplentes, nomeados pola Comisión Académica do Máster durante o curso académico. Nun acto público, o alumnado expoñerá durante un tempo máximo de 20 minutos unha síntese do traballo realizado, incidindo nos aspectos máis relevantes. A continuación, o tribunal poderá expor cuestións e suxestións respecto a o labor desenvolvido no traballo. A avaliación do TFM dependerá dos seguintes criterios xerais: 1. Informe valorado do titor/a de o TFM. 2. Coherencia na estrutura do traballo, onde deberá reflectirse a formulación xeral, obxectivos, metodoloxía, estado da cuestión, o proceso seguido, a análise dos resultados, as conclusións e a bibliografía. 3. Claridade na súa organización, adecuada redacción, bo tratamento de imaxes e sistema homoxéneo de citas e bibliografía. 4. Orixinalidade temática do traballo e grao de achega persoal. 5. Dominio da expresión oral e capacidade de síntese na exposición. Ademais dos criterios xerais de avaliación, a cualificación terá en conta os criterios específicos que se atopan no programa da materia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.