Ir o contido principal
STG
Libros
A BUSC ofrece á comunidade universitaria un plan de formación dirixido a afondar no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información, así como ofrecer ferramentas de aprendizaxe para localizar, seleccionar, utilizar e difundir de forma adecuada todo tipo de recursos de información (competencias informacionais).

Para lograr este obxectivo, a BUSC conta cunha serie de actividades e recursos formativos:

  • Sesións de presentación: realizadas ao comezo do curso académico e dirixidas principalmente a alumnos de novo ingreso, para explicar como acceder á biblioteca (horarios, carta de lector...) e os servizos que ofrece (préstamo, lectura en sala, ordenadores...).
  • Cursos introdutorios: dirixidos a toda a comunidade universitaria, teñen como obxectivo coñecer a fondo os principais servizos da biblioteca e os instrumentos xerais de busca de información.
  • Cursos especializados: dirixidos principalmente a estudantes de segundo e terceiro ciclo. Orientados a formar e informar aos usuarios sobre os recursos de información dispoñibles na BUSC nas diferentes áreas temáticas de docencia e investigación: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, catálogos especiais, recursos accesibles a través de Internet...
  • Cursos a demanda: cursos de apoio á docencia e ao aprendizaxe que a biblioteca programa a demanda de grupos específicos de usuarios (grupos de alumnos, profesores etc.). O grupo de usuarios interesados na formación sobre un tema ou área temática concreta, deberán poñerse en contacto coa biblioteca para perfilar os contidos do curso, calendario, infraestrutura tecnolóxica requirida...
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.