Ir o contido principal
STG
A inscrición no II Certame de grupos musicais da USC pode realizarse ata o 22 de xaneiro de 2025
Cartel do II certame de grupos musicais USC

A finalidade da convocatoria do Certame de grupos musicais é a de fomentar e facer visible a actividade artística e creativa no ámbito da música moderna da comunidade universitaria da USC e, dun xeito especial, do seu estudantado.

Unha vez publicada a resolución da convocatoria, abrirase a fase de selección final que determinará as propostas gañadoras a través dunha actuación en directo nalgún dos concertos da Primavera Cultural 2025, cunha intervención dun máximo de 10 minutos por aspirante.

Establécense tres premios:

  • Primeiro premio, de 800 euros
  • Segundo premio, de 450 euros
  • Terceiro premio, de 250 euros

Máis información na convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2024.