Ir o contido principal
STG

Exposición 'Afectos Dixitais'

28.11.2024-28.02.2025

Santiago de Compostela
Salón Artesoado

Instantánea da montaxe da exposición. Foto: Santi Alvite
Instantánea da montaxe da exposición. Foto: Santi Alvite

Como se están transformando as nosas relacións afectivas coa aparición dos medios dixitais? Esta e outras interrogantes máis formularanse na exposición Afectos Dixitais que se poderá visitar ata o 28 de febreiro no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca. A mostra é unha produción propia da USC arredor da que se vertebra a Faísca Cultural que se desenvolve en numerosos centros docentes de Compostela

Comisariada por Aránzazu Pérez, Guillermo Rodríguez e Federico L. Silvestre e co apoio da Deputación da Coruña, a mostra expón como as interaccións persoas-máquina están a reconfigurar o tecido social e emocional do noso mundo e reflexiona sobre o poder dos algoritmos e o seu impacto nas nosas vidas desde diferentes enfoques, como o hacktivismo ou a poética cyborg.

Neta montaxe reúnese unha destacada selección de obras de artistas internacionais como Andreas Angelidakis, Laura A Dima, Quimera Rosa e Daniel Mullins xunto a nomes consagrados do panorama español como Joan Fontcuberta e Pilar Rosado. Así mesmo, pon en valor o talento galego e español, coa participación de creadores como Judith Adataberna, Cora Novoa, Pilar del Puerto, Javier Martín e Marta Galindo.

A exposición poderá visitarse de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2024.