O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.
Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.
Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Santiago a través do Programa Vagalume.
A través desta acción formativa preténdese dar resposta á falta de formación en habilidades prelaborais das usuarias do Programa Vagalume, dotándoas de ferramentas básicas para a busca activa de emprego, a participación en procesos de selección e a incorporación ao mercado laboral.
Así mesmo, traballaranse competencias transversais fundamentais para o mantemento dun posto de traballo, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade, favorecer a súa autonomía persoal e impulsar a súa inclusión sociolaboral e empoderamento.
Programa
-Cómo cubrir formularios da Administración.
-Cómo facer un curriculum vitae.
-Cómo mellorar a formación para o traballo.
Obxectivos
O/a estudante será quen de cubrir axeitadamente os formularios de entidades públicas e privadas que oferten empregos, así como de redactar o seu curriculum vitae.
O/a estudante será quen de coñecer e manexar os motores de búsqueda de emprego
dixitais.
Competencias
S.4.0.0 Aplicar un sistema de gestión (para la búsqueda activa de empleo)
T0417. Conocimiento de sistemas digitales
Metodoloxía
Avaliación mixta (proba+traballo práctico)
Clases presenciais teórico/prácticas.
Prazo de Preinscrición: do 02/03/2026 ao 13/03/2026
Prazo de Matrícula: do 16/03/2026 ao 23/03/2026.
Criterios de Selección: Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias do Programa Vagalume.
Número de Horas: 17
Datas de inicio e fin das actividades formativas: do 06/04/2026 ao 16/04/2026
Horarios:
Haberá dúas edicións do curso:
- Primeira edición (quenda mañá):
6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 abril de 11:00 a 13:00h; 16 de abril de 10:00 a 13:00h. - Segunda edición (quenda tarde):
6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 abril de 17:00 a 19:00h; 16 de abril de 16:00 a 19:00h.
Lugar: Facultade de Dereito da USC. Campus Vida