Máis artigos, de calidade e en galego, co impulso das CNL de Matemáticas, Psicoloxía, ETSE, Enfermaría, Humanidades, Dereito e Física de Partículas.
Teranse en conta as edicións feitas dende o 16 de abril até o 20 de setembro de 2026.
As comisións de normalización lingüística da Facultade de Matemáticas, da Facultade de Psicoloxía, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, da Facultade de Enfermaría, da Faculade de Humanidades, da Facultade de Dereito e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías promoven esta iniciativa que pretende dar pulo á produción e á difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia (wikipedia en galego) e fomentar a participación de toda a comunidade universitaria nunha iniciativa de extensión do saber e do coñecemento en lingua galega.
Os obxectivos deste concurso son: promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia e fomentar a participación da comunidade universitaria nunha iniciativa orientada á promoción da lingua galega e da cultura.
Teranse en conta as edicións feitas dende o 16 de abril de 2026 até o 20 de setembro.
Haberá unha xornada de formación o 16 de abril a partir das 16,30 na ETSE (Campus Sur). Para participar, haberá que cubrir este formulario previamente.
Poderán presentarse a estes premios os membros da comunidade universitaria da USC no curso académico 2025/2026.
As persoas interesadas en participar neste concurso deben:
- Antes do 10 de maio, inscribirse como participantes, a través do formulario accesible desde esta ligazón. A organización confirmará a inscrición ao enderezo electrónico que no formulario se indique como medio de contacto.
-
Editar na Galipedia un artigo ou un conxunto de artigos, ben creándoos de novo, ben mellorando de forma significativa algúns xa existentes. Esas edicións deben realizarse como persoas usuarias rexistradas na Galipedia, para que as contribucións individuais de cada participante sexan identificables.
-
Antes do 20 de setembro, presentar esas edicións ao concurso, seguindo o procedemento que se indica na epígrafe 5 das bases do concurso.
Os artigos, redactados en lingua galega, deberán encadrarse en calquera das cinco seguintes áreas de coñecemento:
-
Psicoloxía
-
Matemáticas
-
Enxeñarías química, ambiental e informática, e intelixencia artificial
-
Enfermaría
-
Patrimonio cultural galego
-
Dereito e cultura xurídica
-
Física de partículas
Unha mesma persoa autora poderá presentar a concurso artigos vinculados a unha ou a varias áreas de coñecemento.
Concederanse 14 PREMIOS, dous por área de coñecemento, repartidos do seguinte xeito:
-
Matemáticas
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Psicoloxía
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Enxeñaría química, ambiental e informática, e Intelixencia Artificial
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Enfermaría
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Patrimonio cultural galego
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Dereito e cultura xurídica
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 € -
Física de partículas
Un primeiro premio de 350 € e un segundo de 150 €
O prazo de inscrición remata o 10 de maio.
O prazo para a presentación do traballos vai desde o 16 de abril até o 20 de setembro de 2026.
Estas son as persoas gañadoras do I do Concurso de Edición da Galipedia
Categoría A. Matemáticas
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Figueroa Martínez, Antón
Usuario: Antón Figueroa
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Soutullo Parada, Pablo
Usuario: PSPX10
Categoría B. Psicoloxía
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Leirós Lobeiras, Luz Isabel
Usuario: LuzSall
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) ex aequo a:
Álvarez Ozón, María – 75 € (setenta e cinco euros)
Usuaria: MariaAlvOz
Felpete López, Alba – 75 € (setenta e cinco euros)
Usuaria: AlbaFL
Categoría C. Enxeñaría informática ou enxeñaría química
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Salgueiro Sánchez, Laura
Usuaria: LauAI
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Mirás Sánchez, Óscar
Usuario: Óscar Mirás
Estas son as persoas gañadoras do I do Concurso de Edición da Galipedia
Categoría A. Matemáticas
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Enrique Macías Virgós
Usuario: Xtquique
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Antón Figueroa Martínez
Usuario: Antón Figueroa
Categoría B. Psicoloxía
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Candela Fernández Mellid
Usuaria: CFMellid
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Diego Prados Nieto
Usuario: Diegopradosnieto
Categoría C. Enxeñaría informática ou enxeñaría química
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Martín González Dios
Usuario: Martindios
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Sabela Pérez Quintana
Usuaria: Sabela Pérez
Categoría D. Enfermaría
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Antonio garcía Lence
Usuario: Agarcialence
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Laura García Candal
Usuaria: Lgarcan
Categoría E. Patrimonio cultural
• 1º premio: 350 € (trescentos cincuenta euros) a:
Iria Méndez de la Peña
Usuario: Irimiz
• 2º premio: 150 € (cento cincuenta euros) a:
Xela Rodríguez Domínguez
Usuaria: Xela Rodríguez Domínguez