Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG
Facultade de Ciencias da Comunicación, 2016
Cartel do premio

Premios para guións radiofónicos dramáticos en galego.

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca a segunda edición do Concurso de radiodramas en galego, que premia o mellor guión radiofónico dramático en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos da USC, estudantes das titulacións de Comunicación Audiovisual impartidas nas restantes universidades galegas así como o das titulacións das escolas oficiais de Imaxe e Son.

    Os obxectivos con que convoca este concurso son:

    • contribuír á creación dun corpus dramático galego no formato do teatro radiofónico
    • promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos estudantes
    • premiar os dotes artísticos, lingüísticos e técnicos dos estudantes

    O prazo para presentar as propostas, con formato de guión radiofónico dramático escrito e de gravación en arquivo dixital (mp3 ou calquera dos habitualmente utilizados en radio), remata o día 12 de outubro de 2016. Un xurado decidirá e outorgará os premios do certame, dotados con 500 e 400 euros e diploma honorífico.

  • 2016

    2015

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2023.