Programa de orientación e asesoramento personalizado.
O seu obxectivo é mellorar a empregabilidade e o acceso ao mercado laboral mediante entrevistas individuais para o apoio na planificación da carreira e a definición do proxecto profesional.
Nas entrevistas facilítase información sobre o mercado laboral, bolsas de prácticas e ferramentas para a busca de emprego (redes sociais profesionais, curriculum vitae, procesos de selección…).
Pódese solicitar cita de orientación ao longo de todo o ano.