O Proxecto Mentoring da USC ten como obxectivo iniciar ao estudantado universitario e titulados e tituladas recentes nun programa de apoio individual para a toma de decisións e a planificación do seu futuro profesional. Ás persoas participantes proporcionáselles o contacto cun profesional experimentado da mesma área profesional, que lles ofrece asesoramento, información e apoio para que poidan identificar mellor as súas fortalezas, definir o seu proxecto profesional e aproveitar as oportunidades da súa contorna, coa finalidade de mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.
Acceda a toda a información na web do proxecto Mentoring
Inscrición entre os meses de outubro e novembro de cada curso.
Novas relacionadas
Chega unha nova edición do Proxecto Mentoring para mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral
O prazo de inscrición desta convocatoria, na que colaboran un cento de profesionais como mentoras e mentores, remata o 18 de outubro
Ler máisSesións informativas do Proxecto Mentoring USC. Convocatoria 2023-24
Estas xuntanzas marcan o inicio do proceso de selección de participantes.
Ler máisO proxecto Mentoring USC Desenvolvemento Profesional abre a súa novena convocatoria
Esta é unha actividade que busca mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado e persoas tituladas recentemente a través do contacto con profesionais
Ler máis