Aberto ata o 10 de setembro o prazo para a solicitude de admisión en doutoramento
A matrícula para a continuación de estudos debe formalizarse entre o 1 de setembro e o 10 de outubro
Read moreUnha trintena de estudantes da USC, recoñecidos cos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia
A esta convocatoria podía concorrer o alumnado que rematou estudos en 2020 nas universidades galegas
Read moreAs candidaturas para o Foro de Inversión Innovatia 8.3 poden presentarse ata o 22 de setembro
Esta iniciativa organizada pola USC e o Instituto de las Mujeres oriéntase á captación de financiamento por parte de empresas innovadoras lideradas por mulleres e creadas co apoio de universidades ou OPI
Read moreOs XVII Premios á calidade lingüística en galego recoñecen os mellores Traballos Fin de Grao e de Mestrado
Ata o 30 de setembro poderá presentarse a estes premios o alumnado que estea matriculado en titulacións oficiais da USC no curso 2020-2021
Read moreMantense aberto o prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero
A primeira modalidade céntrase nas accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia; mentres que a segunda valora os traballos de investigación con perspectiva de xénero en calquera ámbito do coñecemento
Read moreA USC mantense entre as 500 mellores universidades do mundo
O Academic Ranking of World Universities (ARWU), popularmente coñecido como ránking de Shanghai, sitúa a institución no intervalo 401-500
Read moreO VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson pon o foco no derrubamento dos estereotipos de xénero
Ata o vindeiro 10 de setembro, a comunidade universitaria da USC, así como antigos alumnos e alumnas, poderán participar neste certame que premiará a creatividade, a innovación e o impacto da imaxe
Read moreUn investigador de Análise Económica desenvolve unha metodoloxía específica para estudar a capacidade de carga turística do Camiño Francés
O concepto de carga turística mide o número de visitantes ou persoas usuarias dun recurso turístico unha vez que se teñen en conta aspectos como a superficie dispoñible, as condicións climáticas ou as limitacións derivadas da xestión administrativa do recurso baixo estudo
Read moreA formación e a sensibilización contra os lumes forestais cita a universitarios europeos nun curso de ‘FacingFIRE’
A USC convoca sete prazas para que alumnado de últimos cursos de grao ou mestrado participen nun curso internacional que se desenvolverá do 26 de setembro ao 2 de outubro na Universidade de Abeiro. O prazo de inscrición está aberto ata as 14.00 horas do 24 de agosto no enderezo electrónico Project.facing.fire@usc.gal
Read morePreto dun centenar de persoas toman parte no primeiro Campus de Emprendemento e Empregabilidade
“Para a USC é fundamental fomentar o espírito emprendedor”, sinalou o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez, no acto inaugural desta iniciativa que “agardamos se vexa consolidada no tempo”, engadiu a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo
Read moreO ránking Webometrics destaca a visibilidade, transparencia e excelencia da USC entre as 500 mellores institucións do mundo
A Universidade ocupa o posto 15 na listaxe relativa a España e que integra un total de 265 entidades
Read moreÚltima semana para inscribirse no Campus de Emprendemento e Empregabilidade
Esta iniciativa que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do 12 ao 23 de xullo pretende incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de ‘startups’ marca USC
Read moreA USC recoñece os Mellores Expedientes de centros de ensino medio en Galicia
O acto institucional, celebrado na Facultade de Medicina, salienta o alumnado cunha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU, 920 rapazas e 443 rapaces de toda Galicia
Read moreOs artigos da USC na plataforma de divulgación científica ‘The Conversation’ superan a barreira das 200.000 lecturas
A Universidade desenvolverá a partir de outubro un curso centrado no eido divulgativo e dirixido a profesorado axudante doutor e contratado doutor xa que “queremos canteira” á hora de trasladar o coñecemento xerado á sociedade, explicou o vicerreitor Gumersindo Feijoo Costa
Read more