Pasar al contenido principal
STG

Estancia do Profesor Mamoru na Facultade de Ciencias da Educación entre os días 25 e 29 de abril de 2022

Estancia do Profesor Mamoru na Facultade de Ciencias da Educación entre os días 25 e 29 de abril de 2022

 

No marco do Programa Erasmus + International Credit Mobility a USC seleccionou ao Profesor Onuki Mamoru da Universidade de Aichi Prefectural (Xapón) para participar nunha semana de mobilidade de profesorado na Facultade de Ciencias da Educación da USC entre o 25 e o 29 de abril de 2022.

O Profesor Mamoru traballa en matemáticas relacionadas coa ensinanza e currículo de formación de docentes na Universidade da Prefectura de Aichi. Especializouse no plan de estudios e na planificación de clases desde o niverl primario ata o bacharelato. Utiliza un método de traballo denominado "Jyugyo Kenkyu" ("lesson study") nas escolas para analizar e axudar a mellorar a ensinanza.

O obxectivo principal  da visita é intercambiar coñecementos sobre a investigación docente española e xaponesa a través de seminarios e conferencias. Ademais de observar os cursos de ensinanza na USC e intercambiar coñecementos sobre a formación do profesorado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2022.