Pasar al contenido principal
STG

A USC promove unhas xornadas nas que se analizarán as políticas de sustentabilidade ambiental nas universidades

Analizar os logros e as tarefas pendentes das políticas de redución de impacto ambiental nas universidades españolas e europeas é o obxectivo da xornada ‘A sustentabilidade ambiental universitaria a debate’, que se celebrarán os días 8 e 9 de maio na Facultade de Psicoloxía. A convocatoria ten por obxectivo coñecer as accións que desenvolven as universidades españolas nesta materia, así como fomentar a colaboración entre investigadores tanto da universidade como doutros eidos. Os organizadores pretenden que as xornadas se configuren como un espazo de debate e reflexión ao redor da sustentabilidade ambiental e o papel dos distintos actores da comunidade universitaria no seu impulso e proxección. O programa inclúe a participación de expertos internacionais que analizarán a situación das universidades españolas e europeas neste eido e celebraranse ademais mesas redondas para o intercambio de experiencias e opinións.

As persoas interesadas en participar e/ou enviar unha comunicación teñen que cumprimentar os formularios que se atopan en www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe1/xornadas_ODS/xornadas.htm. A data límite para presentar comunicacións é o 23 de abril e o prazo para inscribirse nas xornadas remata o 29 de abril. Máis información sobre as xornadas en plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es) e nos teléfonos 881 811 317 e 881 811 359.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2014.