Aberto o prazo de inscrición na proba de nivel para realizar os cursos intensivos de idiomas da USC este verán
O Centro de Linguas Modernas da USC abre este xoves 15 o prazo para que as persoas interesadas en cursar algún dos cursos intensivos de verán de inglés ou francés se inscriban nas probas de nivel obrigatorias. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de xuño, realizándose a proba o 17 do mesmo mes para os dous campus de Lugo e Santiago. Os interesados deben inscribirse a través da web www.usc.es/clm, onde tamén obterán información sobre o resto da oferta de cursos intensivos de verán. Estes cursos están principalmente dirixidos a alumnos que conten cunha bolsa Erasmus ou similar e que vaian a viaxar a outro país durante o vindeiro curso, pero tamén están abertos á poboación en xeral, sendo o único requisito ser maiores de 16 anos. Os cursos de inglés e de francés están concibidos para ser útiles na preparación dos exames de acreditación segundo o MECR e están enfocados a dotar aos alumnos de competencias básicas orais neses idiomas para mellorar as súa capacidade comunicativa. Á marxe dos cursos de inglés e francés, a programación do CLM para este verán comprende iniciación a alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, italiano, xaponés, lingua de signos, polaco, portugués e ruso no campus de Santiago e alemán, chinés, francés, inglés, italiano, lingua de signos e portugués en Lugo. Todos se desenvolverán entre os días 7 e 18 de xullo e como novidade no campus de Santiago introducirase un curso específico de inglés para fins académicos - English for Academical Purposes e o curso intensivo para la preparación del NOKEN (examen oficial de nivel de lengua japonesa). Estes cursos desenvolveranse en horario de mañá e/ou tarde e o prazo de matrícula abrirase a partir do día 1 de xuño. Para máis información pode consultarse a páxina web www.usc.es/clm ou visitar as sedes do CLM en Lugo, na Facultade de Humanidades, e en Santiago na Casa dos Catedráticos, no Campus Vida.