Pasar al contenido principal
STG

Humanidades organiza do 2 ao 6 de xuño o seminario monográfico ‘Lucus Augusti: Historia dunha cidade’

A profesora de Historia Antiga da USC, María Dolores Dopico, e o arqueólogo Enrique Alcorta impartirán as distintas sesións do curso no Museo Provincial de Lugo

A Facultade de Humanidades do campus de Lugo celebrará do 2 ao 6 de xuño unha nova edición do seminario monográfico sobre a historia de Lugo, que se desenvolverá nas dependencias do Museo Provincial de Lugo baixo o título ‘Lucus Augusti: Historia dunha cidade’.

A profesora de Historia Antiga da USC na Facultade de Humanidades de Lugo, María Dolores Dopico Caínzos, e o arqueólogo do Museo Provincial de Lugo, Enrique Alcorta, serán os responsables de impartir as distintas sesións programadas no marco deste seminario, que, desde unha marcada orientación práctica, busca que as 15 persoas participantes aprendan a manexar as fontes antigas conservadas (epígrafes, moedas antigas, restos arqueolóxicos...), ademais de clasificalas, documentalas e valoralas. As diferentes sesións incluídas na cuarta edición deste curso, co que se pecha o ciclo de catro seminarios dedicados de forma monográfica á Historia Antiga, desenvolveranse, de luns, a venres, a partir das 10.30 horas, no Museo Provincial de Lugo. Aínda así, as xornadas, que se prolongarán en quenda de mañá, contemplan diversas visitas pola cidade, a fin de que as persoas participantes poidan aplicar os contidos aprendidos á cidade de Lucus Augusti e reconstrúan así a súa historia. A profesora María Dolores Dopico abrirá o luns a quenda de intervencións cunha exposición sobre as orixes da cidade, a fundación histórica e a súa estrutura social. A forma urbis será o eixo temático da xornada do martes, mentres que o seminario seminario abordará de xeito específico as edificacións públicas e privadas e as infraestruturas, en xeral, nas sesións previstas para mércores e xoves. A xornada de clausura afondará o venres na historia da cidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2014.