Pasar al contenido principal
STG

Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer participan este mércores na II Xornada de conversas arredor de ‘A Muralla cohabitada’

Os escritores e profesores da USC na Facultade de Humanidades do campus de Lugo, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer participarán este mércores na II Xornada de conversas arredor de ‘A Muralla cohabitada’, unha sesión que se desenvolverá a partir das 20.00 horas, na libraría Biblos de Lugo e na que intervirán un total de oito relatores, entre os que se atopa o autor do proxecto, o fotógrafo Xosé Reigosa.

‘A Muralla cohabitada’ é un proxecto xurdido co dobre obxectivo de render homenaxe á muralla romana de Lugo co gallo da celebración do décimo aniversario da súa declaración como patrimonio da humanidade e revitalizar así un monumento en ocasións esquecido polos lucenses. Esta iniciativa, que consistiu en facer fotografías de persoeiros do mundo artístico lugués integradas coa muralla, cristalizou nunha exposición fotográfica e na publicación do libro ‘A muralla cohabitada’, no reflicte a cohabitación entre a muralla, o fotógrafo, a contorna e o persoeiro que posa. Nesta segunda xornada de conversas arredor da muralla cohabitada, unha sesión que tamén estará guiada polo propio Xosé Reigosa, intervirán como relatores ademais de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, o delineante Benjamín Santín, o pintor José Vázquez Cereijo, o comunicador Manuel Sicart; e escritora Marica Campo e a Tareixa Campo, do mundo do teatro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.06.2014.