Pasar al contenido principal
STG

Humanidades acolle este venres o acto conxunto de graduación das últimas promocións de licenciatura e grao saídas do centro

As profesoras Mar Campos, Leticia Vilar e Dolores Dopico apadriñarán aos novos/as titulados/as nunha sesión presidida pola vicerreitora Carme Silva

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, presidirá este venres, a partir das 19.00 horas, o acto conxunto de graduación das últimas promocións da Licenciatura en Humanidades, así como dos graos en Lingua e Literatura Española e Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

A profesora Mar Campos Souto será a madriña dos 6 graduados da segunda promoción do grao en Lingua e Literatura Española, mentres que os seis primeiros/as alumnos/as que completaron o grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural terán como madriña a Leticia Vilar Pumares. A tamén profesora na Facultade d Humanidades Dolores Dopico será a madriña da última promoción da licenciatura en Humanidades, integrada por 5 persoas. A decana da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, María Isabel González Rey; a concelleira de Economía do Concello de Lugo, Sonia Méndez, e o deputado delegado da área de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, Álvaro Santos, tamén intervirán como relatores no marco dunha cerimonia académica que se desenvolverá no salón de actos do centro universitario lugués. Asemade, as novas graduadas en Lingua e Literatura Españolas Cristina Joven e Beatriz Folgueira intervirán no acto como representantes da súa promoción, do mesmo xeito que o farán Tania Oliveira e Jesús Fernández no caso do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Sara Rodríguez e Sandra Álvarez serán as voceiras da última promoción da licenciatura en Humanidades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2014.