Pasar al contenido principal
STG

Últimos días para apuntarse na proba de nivel e participar nalgún dos cursos intensivos de inglés ou francés do CLM

Últimos días para apuntarse na proba de nivel e participar nalgún dos cursos intensivos de inglés ou francés do CLM
Últimos días para apuntarse na proba de nivel e participar nalgún dos cursos intensivos de inglés ou francés do CLM
A USC oferta 500 prazas este verán en 25 cursos de 16 idiomas diferentes

O vindeiro día 15 remata o prazo para apuntarse na proba de nivel que é necesario realizar para acceder a algún dos cursos intensivos de inglés ou francés que ofrece este verán o Centro de Linguas Modernas da USC. As persoas interesadas poden inscribirse por internet, buscar máis información na web do CLM ou visitar as sedes do CLM en Lugo, na Facultade de Humanidades, e en Santiago na Casa dos Catedráticos en Campus Vida. As probas de acceso terán lugar o martes 17 nos dous campus e os resultados publicaranse o 19 do mesmo mes, podendo a partir dese momento as persoas interesadas formalizar a matrícula. Os cursos de iniciación ao idioma inclúen contidos do nivel A1 segundo o Marco Común Europeo de Referencia, necesarios durante as estadías de estudos, traballo e/ou de turismo, así como outros relacionados coa cultura do país. Os cursos se imparten en grupos reducidos a 20 persoas e buscan, sobre todo, potenciar as competencias orais. Están principalmente dirixidos a alumnado da USC que marchen cunha bolsa de mobilidade a algunha universidade estranxeira pero están abertos a maiores de 16 anos. Ademais dos cursos de inglés e francés o Centro de linguas Modernas da USC ofrece este verán a posibilidade de iniciarse noutros idiomas. Ofértanse en total 500 prazas en 25 cursos para estudar 17 idiomas diferentes. Así, a programación inclúe alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso, xaponés, lingua de signos española e como novidade ‘English for Academical Purposes’ no Campus de Santiago e alemán, chinés, francés, inglés, portugués e lingua de signos española, no Campus de Lugo. Os cursos desenvolveranse en horario de mañá e/ou tarde entre os días 7 e 18 de xullo. O prazo para matricularse remata o 25 deste mes e a matrícula pode facerse por internet na páxina do CLM e a USC mantén as mesmas taxas de matrícula que en anteriores edicións con dúas modalidades, unha xeral de 175 euros e reducida para membros da comunidade universitaria de 150 euros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2014.