Pasar al contenido principal
STG

Centros da Coruña e Vigo gañan a cuarta edición do concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

A entrega de premios terá lugar este venres 20 na Facultade de Matemáticas

Estudantes do IES de Beade (Vigo) e do Colexio Obradoiro (A Coruña) recollerán este venres 20 os premios do cuarto concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa. A entrega dos galardóns terá lugar ás 12.00 horas na Facultade compostelá de Matemáticas. Os estudantes do IES de Beade Natalia Fernández Lorenzo, Ignacio Guedella Coello, Adela Martínez Leirós e Laura Millán Salgueiro, titorizados por Esther Pérez Fernández, recollerán o premio na categoría de 1º e 2º da ESO polo proxecto ‘Convivencia no noso instituto’. Dos cursos 3º e 4º da ESO o traballo gañador foi ‘A proporción áurea da cara en diferentes idades dos seres humanos’ do Colexio Obradoiro, que asinan Lucía Mercedes del Valle-Inclán Redondo e Marina Rodríguez López, titorizados por David Romero Pedreira. Por último, na categoría de bacharelato e ciclos formativos gañou o proxecto do Colexio Obradoiro ‘¿Inflúe o mes de nacemento no rendemento escolar? ¿Ata qué idade é relevante?’, do alumno Pedro Alvedro Ruíz con Jonás Ignacio González Guinea como titor. Mencións especiais Tamén o xurado quixo recoñecer con mencións especiais outros traballos como ‘Mostraxe sobre a opinión en Pontevedra relativa a certos aspectos da fábrica de celulosa’ do IES a Xunqueira II (Pontevedra) dos estudantes de 1º e 2º da ESO Andrés Arnedo Rodríguez, Xacobe Medina Dacasa, Adrián Lado Moreira e Adrián Sancho Alonso, titorizados por Manuel Enrique Jiménez Escribano. Entre os proxectos de 3º e 4º da ESO entregaranse dúas mencións. Unha primeira para ‘ Primaveras de seda’, do IES Mestre Landín (Marín), de Lucía Campos Augusto, Jorge Crespo Martínez, Ana García Iglesias e Alba Pedrosa Valladares , titorizados por Mª del Puerto Blanco de Santiago, e unha segunda para ‘Consumo de froita fresca’ do IES Fontem Albei (A Fonsagrada) asinado por Sarai Álvarez Fernández, David Fernández Freijo, Eduardo García Ruíz e Vanja Perona Bzik, con Rosa Lavandeira Redondo como titora. Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio concedeuse unha mención especial ao traballo ‘Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan’ dos estudantes do IES de Mugardos Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana, titorizados por Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. Este traballo participará na IV Fase Nacional do Concursos tipo ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ que se celebrará en Granada os días 2 e 3 de xullo. O xurado O xurado desta cuarta edición estivo presidido por Tomás Cotos Yáñez , vicepresidente da SGAPEIO, sendo secretaria Mª Jesús Casado Barrio da executiva da SGAPEIO. Como vogais actuaron Indalecio Cabana Leira, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Matilde Ríos Fachal, do CPI da Cruz do Sar; Carmen Rodríguez Hernández, do Instituto Galego de Estatística; e Adrián Fernández Tojo Bolseiro da Fundación Barrié. Éstes premios organízanse coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Galego de Estatística e a Fundación Barrié.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2014.