Pasar al contenido principal
STG

Últimas días para presentar candidaturas ao premio Fulget 2013 da Facultade de Ciencias Económicas

O vindeiro venres 21 de marzo remata o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio Fulget que convoca a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago para recoñecer o labor da empresa ou colectivo empresarial galego do ano a prol da mellora das relacións entre a actividade académico do centro convocante e a súa contorna profesional. O único requisito para optar o premio é que as empresas ou colectivos empresariais teñen un capital social maioritariamente galegos. As propostas poderán ser iniciativa de calquera membro da Facultade. A avaliación de candidaturas corresponderalle á Comisión de Actividades Complementarias á Docencia deste centro tendo como criterios a colaboración en materia de formación do alumnado, a participación en actividades complementarias á docencia, a captación de titulados/as ou calquera outra actividade orientada a mellorar as relacións entre o mundo académico e a súa contorna profesional. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar as bases do premio na web da Facultade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2014.