Pasar al contenido principal
STG

Estudantado da USC intercambia experiencias con alumnado portugués de Administración e Dirección de Empresas para o desenvolvemento de proxectos de negocio

Estudantado da USC intercambia experiencias con alumnado portugués de Administración e Dirección de Empresas para o desenvolvemento de proxectos de negocio
Estudantado da USC intercambia experiencias con alumnado portugués de Administración e Dirección de Empresas para o desenvolvemento de proxectos de negocio

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle este venres 21 o I Encontro Internacional da Mocidade Emprendedora, unha experiencia piloto de emprendemento colaborativo que o centro desenvolve con estudantes de Administración e Dirección de Empresas da Escola Superior de Ciencias Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Nestas xornadas alumnado portugués presentará as súas ideas de negocio que logo se exporán en paneis no hall da Facultade compostelá. En total máis de 80 estudantes compartirán os seus proxectos de negocio con alumnado da USC co obxectivo de recibir achegas, suxestións e novas ideas para mellorar o proxecto inicial. Ademais de charlas sobre diversos aspectos do emprendemento, celebrarase unha mesa redonda sobre experiencias emprendedoras e encontros con empresarios na busca de socios para os proxectos. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar o blog da Facultade. Programa do venres 21 O programa comezará ás 10.00 horas cun acto de benvida que presidirá a decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas, xunto á quen está previsto que tamén participen o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro Tato; o presidente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Rui Teixeira; o director da Escola Superior de Ciências Empresariais deste Instituto, Joao Vieito; e o presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Mendes. A continuación intervirá Eloy Gesto, de Escuela e-Inventa, para falar sobre a motivación do espírito emprendedor, o que dará paso a un obradoiro de proxectos e a unha mesa redonda que permitirá coñecer experiencias emprendedoras. Xa pola tarde, dende as 15.00 horas, están programadas sesións paralelas dedicadas ao debate sobre redes profesionais e posicionamento en Internet, a preparación da presentación a investidores ou sobre a metodoloxía Canvas. A primeira sesión rematará cun encontro con empresarios aos que os/as participantes presentarán as súas ideas de negocio en grupos reducidos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2014.