Pasar al contenido principal
STG

Proxéctase este xoves en Humanidades o filme ‘Une hirondelle a fait le printemps’ no do ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia

O salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo acubillará este xoves, a partir das 19.30 horas, a proxección do filme ‘Une hirondelle a fait le printemps’, de Christian Carion, no marco do ciclo Cinema Rural en Lingua Propia.

A proxección desta longametraxe farase na súa lingua orixinal, en francés, aínda que tamén contará con subtítulos en castelán. A entrada é libre e de balde para todas as persoas interesadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2014.