Pasar al contenido principal
STG

Chega a segunda quenda de estudantes dos Campus Científicos de Verán

Este luns 7 chega a Compostela a segunda quenda de estudantes que van participar nos Campus Científicos de Verán. O vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, recibiraos ás 10.00 horas no salón de graos da Facultade de Farmacia nun acto ao que tamén asisten a coordinadora do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña, Ana Correas Galán, e unha representación do Ministerio de Educación e da Obra Social La Caixa. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas poderán participar nos proxectos ‘Xestión e tratamento sostible da auga residual’ dirixido por Gumersindo Feijoó Costa; ‘Buscando as partículas más enerxéticas do Universo’ de Ricardo Vázquez López; ‘A maxia dos hidroxeles intelixentes’ de Francisco Javier Otero Espinar; e ‘MathematiCSI: Mathematical Scene Investigation’ de Victoria Otero Espinar. Dezaseis universidades Os Campus Científicos de Verán están organizados polos Ministerios de Educación, Cultura e Deporte e de Economía e Competitividade e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e conta co patrocinio da Obra Social “la Caixa”. Este ano colaboran 16 universidades con Campus de Excelencia Internacional. Os campus pretenden fomentar a investigación científica de excelencia así como o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica especialmente entre os máis novos. Para iso organízanse actividades encamiñadas a espertar entre os estudantes vocacións científicas e avivar o seu interese tanto polo estudo das ciencias como pola actividade investigadora.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2014.