Pasar al contenido principal
STG

A XV promoción de Enxeñaría Química celebra este sábado o seu acto fin de carreira

A XV promoción de Enxeñaría Química celebra este sábado 1 de xuño o seu acto fin de carreira nunha cerimonia presidida polo reitor Juan Casares que terá lugar ás 11.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Comezará cunha intervención de Cristina Bahamonde e Pablo Leyenda en representación do alumnado para logo continuar co profesor Diego Gómez Díaz, padriño da promoción. Seguiranlles a secretaria do Departamento de Enxeñaría Química, Ana Soto Campos; o director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas Serantes; e o subdirector da Escola, Francisco Omil Prieto

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2013.