Pasar al contenido principal
STG

O venres remata o prazo para matricularse nos másteres oficiais da USC

O venres remata o prazo para matricularse nos másteres oficiais da USC
O venres remata o prazo para matricularse nos másteres oficiais da USC

A Universidade de Santiago de Compostela pecha este venres 4 de outubro o prazo para matricularse nos seus másteres oficiais, que este ano suman un total de 72. A oferta abrangue todas as áreas de coñecemento e os tres perfís posibles destes posgraos: académico, profesional e investigador . Así, 15 son títulos de ciencias; 13 de ciencias da saúde; 24 de ciencias sociais e xurídicas; 10 de enxeñaría e arquitectura; e 10 de artes e humanidades.

Este curso a USC estrea 12 posgraos oficiais, algúns deles interuniversitarios: Arqueoloxía e ciencias da Antigüidade; Estudos da literatura e da cultura; Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións; Lingüística aplicada; Matemática industrial; Planificación e xestión do desenvolvemento territorial; Enxeñaría química e de bioprocesos; Xestión do patrimonio artístico e arquitectónico, museos e mercado da arte; Enxeñaría agronómica; Enxeñaría de montes; Psicoloxía xeral sanitaria; e Procuradoría. Estes catro últimos están relacionados con profesións reguladas e, excepto o de Procuradoría, habilitan para o exercicio profesional, igual que o que xa ofertaba a USC de Formación de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e ensino de linguas (en Lugo e Santiago, con carácter habilitante) e o de Avogacía (non habilitante).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2013.