Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Ciencias da Comunicación colabora no III Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) organizan en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación a terceira edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. A acción formativa inclúe unha expedición a Marrocos onde catro estudantes traballarán con ONG locais. O obxectivo é capacitar xornalistas no coñecemento da comunicación social e, máis concretamente, da comunicación para o desenvolvemento, impulsando así a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade. As aulas impartiranse na Facultade entre o 26 de febreiro e o 7 de maio, os martes de 16.00 a 20.00 horas. Cunha duración total de 40 horas, a actividade está dirixida tanto a xornalistas como a alumnado de Ciencias da Comunicación. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 14 de febreiro en seminario@agareso.org. As prazas son limitadas e o custe da matrícula é de 100 euros. As bases da cooperación e a comunicación para o desenvolvemento, as boas prácticas informativas respecto dos colectivos en risco de exclusión e os discursos alternativos en torno aos países do Sur son só algunhas das cuestións que aborda o programa. No marco do curso estase mesmo a estudar a posibilidade de realizar unha visita ao centro penitenciario da Lama, en Pontevedra, para coñecer os proxectos que alí desenvolve AGARESO. Catro asistentes completarán esta formación nunha expedición a Marrocos para traballar no eido da comunicación sobre os diferentes proxectos promovidos na zona por ACPP e os seus parceiros locais en temas como saúde, emigración, xénero ou educación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2013.