Pasar al contenido principal
STG

O profesor da USC Carlos Baliñas fala este xoves na Casa do Saber sobre Galicia en tempos do Rei Don García

O relatorio, incluído no programa cultural promovido pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo ‘Que foi, como aconteceu’, comezará ás 20.00 horas

O profesor de Historia Medieval na Facultade de Humanidades do campus de Lugo, Carlos Baliñas Pérez, que tamén é docente no programa de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá este xoves 21, a partir das 20.00 horas, na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a conferencia ‘Un reino de seu: Galicia en tempos do Rei Don García’.

O relatorio de Carlos Baliñas está incluído no ciclo ‘Que foi, como aconteceu’, promovido pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo e no que, a través de diferentes relatorios se abordarán temas sempre relacionados coa historia de Galicia. O profesor da USC Carlos Baliñas aproveitará a súa intervención na Casa do Saber para analizar a auténtica significación do goberno do Rei Don García e a súa dinastía sobre o reino de Galicia. No seu relatorio, Baliñas Pérez afondará tamén nos catro grandes fenómenos que determinaron o futuro político no noroeste peninsular entre os anos 1037 e 1139.

A entrada á conferencia ‘Un reino de seu: Galicia en tempos do Rei Don García’ é libre e gratuíta para todo o público interesado. O aforo do auditorio da Casa do Saber é limitado e ten capacidade para unhas 100 persoas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2013.