A escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo organiza o martes 12 un taller práctico de oratoria
A escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo celebrará o vindeiro martes, día 12 de marzo, un taller práctico de oratoria, que será impartido polo psicólogo industrial José Núñez Jiménez.
Esta nova actividade formativa promovida desde a escola de Relacións Laborais do campus de Lugo pretende achegar aos asistentes ao curso as ferramentas precisas para que poidan mellorar a competencia oratoria deseñando discursos ben articulados e ricos en retórica. As intervencións en público, a seguridade á hora de falar diante dun auditorio e a capacidade de impacto no público serán outras da cuestións analizadas por Núñez Jiménez no transcurso deste taller, que terá unha duración de seis horas, de 9.00 a 15.00.
Os interesados en inscribirse nesta actividade, para a que só se ofertan un total de 15 prazas, poden formalizar xa a súa inscrición a través do número de teléfono 982.82.48.01 ou ben no enderezo de correo electrónico josefina.bergantinos [at] usc.es (josefina[dot]bergantinos[at]usc[dot]es).