Estudantes de Erasmus explican en Filoloxía o enriquecemento persoal que lles supón ter coñecemento do galego
Sete estudantes de cinco países achegaron a súa propia experiencia
Fronte á idea do galego como un obstáculo para a integración doutras nacionalidades, un grupo do alumnado estranxeiro acollido ao programa Erasmus da Facultade de Filoloxía participou este martes na actividade ‘A Facultade de Filoloxía acolle’, impulsada pola Comisión de Normalización Lingüística do centro. No salón de actos do centro, Ilaria Stefani e Eleanora Giunchi (Italia), Tanguy Marchand (Bretaña), Eva Kalhousová (República Checa), Cristina Costa (galega instalada en Noruega desde a súa infancia), Margarete da Silva (Brasil) e Trevor Allen (Estados Unidos) foron testemuña de compromiso co galego e con todas as linguas en situación de ameaza, salientando o enriquecemento persoal que supón descubrir unha nova lingua.