Pasar al contenido principal
STG

O xardín de Fonseca, cemiterio dixital ata 2047

De esquerda a dereita, Fernando Tabernero, Mercedes Rosón, Pablo Sampedro, Iñaki Quenerapú, Jorge Del Oro e Fátima García
De esquerda a dereita, Fernando Tabernero, Mercedes Rosón, Pablo Sampedro, Iñaki Quenerapú, Jorge Del Oro e Fátima García
O 27 de abril enterraranse alí dúas cápsulas dixitais do tempo

O xardín do Colexio de Fonseca será o vindeiro 27 de abril o escenario do curioso proxecto ‘Once Uns’, unha iniciativa de Sentinel Wardrobe coa que colabora a Universidade de Santiago. Dende ese día, e ata 2047 nun dos casos, os xardíns converteranse nun improvisado cemiterio no que ‘durmirán’ dúas cápsulas dixitais do tempo, unha delas infantil. Para esta acción o grupo promotor solicita a cooperación da cidadanía, que deberá achegar un pendrive ou unha tarxeta SD para introducila nas cápsulas, que incluirán tamén o hardware e software necesario para poder dar lectura aos dispositivos de almacenamento. O soporte dixital debe ir nun sobre que se entregará na Oficina de Correos (rúa do Franco, 4), que os custodiará ata o día do soterramento. O levantamento da cápsula infantil será o sábado 30 de abril de 2016, mentres que o contido da ‘adulta’ se coñecerá o 27 de Abril de 2047. Por que 2047? Porque ese ano correspóndese en notación binaria (pola que se rexe a informática) con once veces 11, unha curiosa casualidade que non se volverá a producir ata dentro de miles de anos. Segundo explicaron responsables da Universidade, o emprazamento das cápsulas decidiuse pola idoneidade do espazo, que fora ata os anos 70 un horto experimental da Facultade de Farmacia e que non presenta ningún impedimento de tipo arqueolóxico. Cápsulas dixitais Ao contrario que as tradicionais cápsulas do tempo, as dixitais non conteñen obxectos senón só información en formato dixital almacenada nos dispositivos existentes no momento. As que se soterrarán na USC conterán información dixital de calquera tipo, sen restricións de contido pero si de soporte. Os detalles desta iniciativa presentáronos este martes en rolda de prensa Pablo Sampedro e Mercedes Rosón, da Área de Cultura da USC; Fernando Tabernero, da Oficina de Arquitectura e Urbanismo da USC; e Jorge del Oro, Fátima García Doval e Iñaki 'Quenerapú' por parte de Sentinel Wardrobe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2013.