Pasar al contenido principal
STG

O Centro de Linguas Modernas programa un ciclo de cinema negro francés a partir do mércores na Facultade de Humanidades

A entrada ás proxeccións é libre e de balde para todos os públicos e as películas seleccionadas para a ocasión contarán con subtítulos en castelán

A sección de francés do Centro de Linguas Modernas do campus de Lugo programa un novo ciclo de cinema negro francés a partir do mércores 10 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades, que tamén acollerá cadansúa proxección os días 17 e 24 de abril.

Este ciclo de cinema negro francés, organizado pola profesora de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, Martázul Busto, estrutúrase en tres producións cinematográficas que abranguen o último medio século da historia do cinema no país veciño. A película ‘Du rififi chez les hommes’, dirixida pro Jules Dassin en 1955, abrirá o mércores, a partir das 19.30 horas, este ciclo de cinema negro francés, no marco do que se proxectará o vindeiro 17 de abril, á mesma hora, ‘Le voleur’, un clásico de 1967 dirixido por Louis Malle. Unha producción máis contemporánea, como é a ‘J’ai toujours rêve d’être un gangster’, dirixida por S. Benchetrit e estreada en 2008, servirá para pechar este ciclo o 24 de abril. A profesora do Centro de Linguas Modernas da USC e coordinadora deste ciclo de cinema negro francés, Martázul Busto, lembra que todas as proxeccións programadas son de acceso libre e gratuíto para todos os públicos, que tamén poderán seguir os diálogos das películas a través de subtítulos en castelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.04.2013.