Pasar al contenido principal
STG

O profesor e escritor cubano José Antonio Baujín falará este xoves da literatura hispanoamericana colonial en Humanidades

O escritor, profesor e ex decano da Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana, José Antonio Baujín, ofrecerá este xoves, a partir das 12.00 horas, na aula 14 da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o relatorio ‘A literatura hispanoamericana colonial’.

O relatorio de Baujín encádrase dentro do abano de actividades organizadas pola Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC, dirixida pola profesora Ana Chouciño, para a promoción da cultura cubana nos campos das Humanidades e as Ciencias Sociais. José Antonio Baujín suma a súa xa dilatada traxectoria académica non poucas mencións, entres as que cómpre salientar o premio Temas de Ensaio 2005 da revista homónima, por un traballo baixo o título ‘Carpentier: de las lecturas a los juicios críticos sobre la obra de Valle-Inclán’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2013.