Pasar al contenido principal
STG

Conferencia en Económicas do experto en coaching Ovidio Peñalver

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais trae este venres 8 ao socio de ISAVIA Consultores e autor de Emociones colectivas, Ovidio Peñalver, para pronunciar a conferencia ‘Autoliderando o teu futuro’, aberta a toda a comunidade universitaria e enmarcada no programa de formación en competencias transversais do centro. Para asistir (ás 12.00 horas na Aula 7) é preciso inscribirse previamente en http://www.compete.fbarrie.org. Licenciado en Psicoloxía e diplomado en Organización e Recursos Humanos pola UAM, Peñalver é Master en Dirección de Empresas por ESDEN e ten formación en Harvard no Modelo de Negociación dos sete elementos. Ademais, é diplomado en Coaching Ontolóxico por Newfield e a Universidade de Monterrey.

Foi consultor en Andersen Consulting, responsable de formación en Bankinter, xerente en Coopers&Lybrand, senior manager en Ernst&Young e director da Área de Consultaría en Recursos Humanos de Soluziona.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2013.