Pasar al contenido principal
STG

O xornalista Manuel Campo Vidal falará na USC sobre a relevancia da comunicación no ámbito profesional e empresarial

O xornalista Manuel Campo Vidal falará na USC sobre a relevancia da comunicación no ámbito profesional e empresarial
O xornalista Manuel Campo Vidal falará na USC sobre a relevancia da comunicación no ámbito profesional e empresarial
Forma parte das actividades do programa ‘Compete X Galicia’ que organiza a Fundación Barrié en colaboración coas tres universidades galegas

O xornalista e director do Instituto de Comunicación Empresarial (ICE) Manuel Campo Vidal impartirá o vindeiro luns 18 unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago incluída no programa ‘Compete X Galicia’ que organiza a Fundación Barrié. A partir das 17.00 horas nun acto no que tamén estará presente o reitor Juan Casares, Campo Vidal explicará a relevancia da comunicación no desenvolvemento profesional e ofrecerá claves para falar con eficacia. Presentará a comunicación como unha ferramenta de liderado que favorece a competitividade e a produtividade. Ao día seguinte, o martes 19 de 9.30 a 13.30 horas, o director adxunto de ICE Daniel Rodríguez desenvolverá unha masterclass que propón unha reflexión co lema ‘Da idea á palabra’. Co formato de talleres prácticos, o relator profundará na necesidade da planificación e unha xestión emocional das situacións, para o que cada asistente realizará exercicios de elaboración de mensaxes eficaces. Compete X Galicia

Dende outubro, a Fundación Barrié realizou xa seis accións formativas nas tres universidades galegas nas que participaron estudantes de todas as disciplinas. Mediante talleres formativos, masterclasses e conferencias, o estudantado universitario traballou habilidades que reforzan os planes de estudo e que son necesarias para desenvolver calquera carreira profesional. Neste senso, Compete X Galicia concibiuse como un programa aberto á colaboración empresarial para mellorar as competencias transversais e profesionais dos/as universitarios/as e mellorar a súa empregabilidade global.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2013.