Pasar al contenido principal
STG

O Claustro Universitario da USC vota este martes os Estatutos da institución

O texto inclúe as modificacións necesarias para superar o control de legalidade da Xunta

O Claustro Universitario reunirase este martes 22 en sesión extraordinaria para someter a aprobación as modificacións remitidas pola Xunta de Galicia necesarias para superar o control de legalidade ao proxecto de Estatutos da Universidade de Santiago. A xuntanza será ás 10.00 horas (10.30 horas en segunda convocatoria) no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía. A sesión comezará coa presentación do texto a cargo dun representante da Comisión de Desenvolvemento Estatutario para logo proceder á quenda de votación en urna, que se prolongará ata as 19.00 horas da tarde.

A convocatoria ten lugar logo de que xusto hai un ano, e tras un longo período de reforma e dúas votacións fallidas –en 2009 e a comezos de 2012–, se aprobase o novo texto por 172 votos a favor, 63 en contra, 15 brancos e 3 nulos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2013.