Pasar al contenido principal
STG

A Fundación da Innovación Bankinter presentará na Facultade de Farmacia o seu curso Akademia

A USC é unha das cinco universidades españolas nas que se desenvolve este programa formativo sobre innovación e empredemento

O curso Akademia da Fundación da Innovación Bankinter presentarase este martes 17 na Universidade de Santiago, unha das cinco institucións universitarias españolas nas que se desenvolve, na procura de “mentes inquedas; persoas creativas, participativas e cun alto grao de compromiso, dispostas a asumir o reto de levar as rendas do seu futuro”. A presentación das características deste programa celebrarase nunha xornada que comezará ás 11.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia Co obxecto de espertar o espírito emprendedor e fomentar a actitude innovadora nos/as universitarios/as españois, o curso Akademia diríxese ao estudantado de últimos anos de carreira ou que estean realizando un máster ou posgrao. Ao longo de 16 sesións presenciais, no curso promoverase a capacidade de análise da contorna en busca de novas oportunidades, guiando ao alumnado a través dun material único xerado por expertos do Future Trends Forum e en base a unha metodoloxía diferente, motivadora e moi participativa da man de contrastados/as profesionais. As persoas interesadas poden atopar máis información na web da Fundación de Innovación Bankinter. A oferta total de prazas ascende a 30.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.09.2013.