Pasar al contenido principal
STG

Relacións Laborais amplía a súa oferta con seminarios de xestión laboral e contable e cursos de inglés, portugués e xaponés

A Escola Universitaria de Relacións Laborais, un centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela no que se imparte o grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como o Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, ampliará a súa oferta formativa durante os vindeiros meses coa convocatoria de seminarios de xestión laboral e contable, así como con cursos de inglés, portugués e iniciación ao xaponés.

A abano de programas e cursos formativos ofertados pola Escola Universitaria de Relacións Laborais ao marxe das titulacións oficiais de grao e máster, están dirixidos tanto aos membros da comunidade universitaria como a calquera outra persoa interesada en recibir este tipo de formación. As persoas interesadas nos cursos programados pola Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo poden formalizar xa a súa inscrición na secretaría da escola, onde tamén se informará sobre outras cuestións relativas ao custe da matrícula, así como ás datas, horarios e dependencias nas que se desenvolverán as distintas actividades formativas propostas.

A nova convocatoria de cursos programada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo para o primeiro cuadrimestre do curso 2013-2014 pode consultarse na páxina web www.relacioneslaboraleslugo.com. Tamén se pode solicitar máis información ao respecto ao través do enderezo de correo electrónico josefina.bergantinos [at] usc.es (josefina[dot]bergantinos[at]usc[dot]es) ou do número de teléfono 982.82.48.01.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.09.2013.