Pasar al contenido principal
STG

Acto protocolario de toma de posesión da profesora Victoria Otero Espinar como decana de Matemáticas

A profesora do Departamento de Análise Matemática Victoria Otero Espinar tomará posesión do seu segundo mandato ao fronte do decanato da Facultade de Matemáticas este martes 24 nun acto protocolario que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Neste nova andaina, para a que foi reelixida o pasado mes de maio, acompañarán á profesora Otero no equipo decanal as profesoras Josefina Ling Ling e Rosa Crujeiras Casais. Licenciada na USC onde tamén se doutorou, a profesor Otero Espinar completou a súa formación iniciando o seu labor investigador en prestixiosos centros de Estados Unidos e Francia. Membro do grupo de investigación ‘Ecuacións diferenciais non lineares’, traballa na análise funcional, os sistemas dinámicos e os problemas de contorno en ecuacións diferenciais ordinarias. A decana participou en máis de vinte proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e é autora de máis de trinta artigos científicos en revistas incluídas no JCR, nos que colabora, ademais de con investigadores da USC, con especialistas internacionais como Ravi Agarwal, do Florida Institute of Technology; Hyman Bass, da Columbia University; Paul Glendinning, da Universidade de Cambridge ou con Charles Tresser do centro de investigación de IBM.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2013.