Pasar al contenido principal
STG

O Club de Debate de Compostela inaugura o curso cunha sesión de exhibición

Está aberto á incorporación de novos/as integrantes interesados na oratoria e o debate

O Club de Debate de Compostela (CDC) ofrecerá a vindeira semana, o mércores 25 ás 18.00 horas no Salón de Graos a Facultade de Matemáticas, un debate de exhibición no que se tentarán achegar as técnicas da oratorio ao colectivo universitario e co que o CDC comeza o curso. O tema a debater xirará arredor da selectividade como sistema de acceso á universidade. Haberá unha segunda oportunidade de coñecer esta actividade noutra xornada de exhibición, nesta ocasión conforme ao estilo coñecido como BP (british parliament), o día 1 de outubro ás 17.00 horas na Aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O tema a tratar será a independencia de Catalunya. O Club está aberto á incorporación de novos/as integrantes para o que, ademais das sesións de exhibición, se está desenvolvendo unha campaña de captación que inclúe un acto o mesmo día 1 de outubro ás 20.30 horas no Colexio Maior Fonseca no que se ofrecerá ás persoas interesadas información detalladas sobre o funcionamento da asociación e as actividades desenvolvidas. Neste senso, está prevista a celebración dun curso de iniciación ao debate e á oratoria os días 8, 15, 22 e 29 de outubro, sendo a primeira sesión de portas abertas. As persoas que decidan participar nos cursos e unirse á CDC participarán na liga interna da Universidade, os días 9, 23 e 30 de novembro e que se vai realizar por segundo ano consecutivo na Facultade de Matemáticas. Ademais, no presente semestre, a asociación participará nun torneo nacional representando á Universidade de Santiago. Xa no segundo semestre, están programadas diversas iniciativas como competicións nacionais e debate rápido, un concurso de discursos ou charlas de formación con profesionais da oratoria, entre outras actividades. No seu desenvolvemento o CDC conta coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua e das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Matemáticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.09.2013.