Pasar al contenido principal
STG

Os 75 másteres da USC para o curso 2013-2014, ao alcance do alumnado

Os 75 másteres da USC para o curso 2013-2014, ao alcance do alumnado
Os 75 másteres da USC para o curso 2013-2014, ao alcance do alumnado

O alumnado interesado en cursar o vindeiro curso 2013/2014 un dos 76 másteres oficiais da USC tivo este martes en Santiago unha oportunidade única, que se repetirá o xoves 20 no Campus de Lugo (de 10.00 a 14.00 horas en Veterinaria). Todo aquel estudante que se achegou ao claustro do Colexio de Fonseca puido departir coas persoas responsables de cada un dos posgraos ofertados acerca dos aspectos máis salientables dos títulos apoiados en paneis informativos individuais. 75 títulos Os 75 títulos de másteres oficiais da USC abranguen todas as áreas de coñecemento e os tres perfís posibles destes posgraos: académico, profesional e investigador. Así, 15 pertencen á área de ciencias; 13 a ciencias da saúde; 27 a ciencias sociais e xurídicas; 10 a enxeñaría e arquitectura; e 10 a artes e humanidades. O vindeiro curso a USC estrea 12 posgraos oficiais, algúns deles interuniversitarios: Arqueoloxía e ciencias da Antigüidade; Estudos da literatura e da cultura; Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións; Lingüística aplicada; Matemática industrial; Planificación e xestión do desenvolvemento territorial; Enxeñaría química e de bioprocesos; Xestión do patrimonio artístico e arquitectónico, museos e mercado da arte; Enxeñaría agronómica; Enxeñaría de montes; Psicoloxía da saúde; e Procuradoría. Estes catro últimos están relacionados con profesións reguladas e, excepto o de Procuradoría, habilitan para o exercicio profesional, igual que o que xa ofertaba a USC de Formación de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e ensino de linguas (en Lugo e Santiago, con carácter habilitante) e o de Avogacía (non habilitante).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2013.