A promoción 1982-1986 de Química celebra as súas Vodas de Prata
O reitor Juan Casares presidirá este sábado 30 un acto académico con motivo das Vodas de Prata da promoción 1982-1986 da Licenciatura en Química, que comezará ás 11,30 horas no Recanto da Saudade (Campus Vida, fronte ao sanatorio Nosa Señora da Esperanza) para descubrir unha placa. A partir das 11.45 horas, a porta principal da Facultade de Química será o escenario no que se realice unha fotografía de grupo para deseguido iniciar o acto académico na Aula Magna deste centro. Intervirán Mª Teresa Rodríguez Blas en representación do alumnado e Miguel A. Ríos en nome do profesorado. Continuando coa quenda de intervencións, tomarán a palabra Alberto Arce, da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e o decano da Facultade, Ramón J. Estévez Cabanas. Rematado o acto, o grupo realizará unha visita ao patrimonio histórica da USC comezando no Colexio de Fonseca.