Pasar al contenido principal
STG

Junior Empresa de Santiago conmemora o seu XXV aniversario

A asociación Junior Empresa de Santiago (Jemsa) conmemora este venres 16 o seu vinte e cinco aniversario nun acto no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) que comezará ás 12.00 horas. A sesión recolle a esencia “deste anos de traballo, esforzo e espírito emprendedor de todos os membros do colectivos”. Conformada por estudantes das titulacións de Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Relacións Laborais e Criminoloxía, Jemsa é unha asociación sen ánimo de lucro na que o estudantado pode poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, de xeito que son eles mesmos os que xestionan a súa propia empresa dende a Universidade, realizando traballos con empresas externas logrando así o achegamento á realidade empresarial. O movemento Junior Empresa esténdese por toda España con CEJE (Conferencia Española de Junior Empresas) á cabeza e por toda Europa ao amparo de JADE (European Confederation of Junior Entreprise), existindo máis de 20.000 junior empresarios por todo o territorio europeo, con presenza en 15 países e 280 organizacións deste tipo. Na xornada conmemorativa organizada para este venres intervirán a presidenta de Jemsa, Lorena Pérez Pintos, que dará paso á testemuña de Gloria Casado, ex presidenta de CEJE e emprendedora, que falará sobre a canalización das Junior Empresas na creación de empresas. Deseguido, tomarán a palabra Ismael Navarrina, ex socio de Jemsa e axente de banca privada, que mostrará diversas experiencias no ámbito das Junior Empresas, e Ismael Hernández en calidade presidente de CEJE. A continuación intervirá a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Emilia Vázquez, para referirse ao emprendemento universitario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2012.