Remata estudos a primeira promoción do Grao de Matemáticas
A primeira promoción de graduados e graduadas en Matemáticas da USC 2008/2012 (antes licenciatura) celebra este venres 15 o seu acto de fin de carreira. Precisamente esta semana o Ranking I-UGR de Universidades Españolas segundo Campos e Disciplinas Científicas situaba á USC no primeiro lugar no eido das matemáticas. A celebración, que presidirá o reitor Juan Casares, terá lugar ás 18.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Intervirán nela a madriña e o padriño da promoción, Balbina Virginia Casas Méndez e Gerardo Rodríguez López, ademais da decana do centro, María Victoria Otero Espinar.