Pasar al contenido principal
STG

Un equipo interdisciplinar da USC analiza os resultados do Estudo Europeo de Competencia Lingüística encargado pola UE

A USC investiga o papel que xoga a dimensión ambiental de contacto e uso do idioma en contextos non formais no desempeño da comprensión oral
A USC investiga o papel que xoga a dimensión ambiental de contacto e uso do idioma en contextos non formais no desempeño da comprensión oral
O estudo proporcionará información sobre as competencias en linguas estranxeiras ao finalizar o ensino secundario obrigatorio

Un equipo da Universidade de Santiago dirixido polo catedrático de Didáctica das Linguas Estranxeiras da Facultade de Ciencias da Educación e director do Observatorio Atrium Linguarum, José Manuel Vez, será o encargado de analizar unha parte dos resultados do Estudo Europeo de Competencia Lingüística promovido pola Unión Europea. O traballo pretende proporcionar aos Estados membros información comparable sobre as competencias en linguas estranxeiras do alumnado europeo ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria así como coñecer boas prácticas que permitan mellorar a súa aprendizaxe. Unha vez finalizado o estudo, débense agora analizar os resultados globais e profundar sobre a medida na que certos aspectos particulares teñen influencia nos niveis de competencia alcanzados polos estudantes nos distintos países. Neste sentido, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de Avaliación Educativa, convidou a catro equipos de investigación –u n deles o da USC- a participar na realización do informe español que se presentará en Bruxelas, xunto os dos demais países participantes, o vindeiro 20 de xuño. Concretamente, o equipo da USC está investigando sobre o papel que xoga a dimensión ambiental de contacto e uso do idioma en contextos non formais no desempeño da comprensión oral. Forman parte deste equipo a profesora Esther Martínez Piñeiro, do Departamento de MIDE na Facultade de Ciencias da Educación, e os profesores Jesús Varela Mallou e Antonio Rial Boubeta, da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Facultade de Psicoloxía. Os outros tres equipos invitados a colaborar no Informe oficial español están dirixidos polo profesor José Luís Gaviria Soto da Universidade Complutense, a profesora Sara de la Rica da Universidade do País Vasco e a profesora Brindusa Anghel da Fundación FEDEA. O Estudo Europeo

A proba principal do estudo en España realizouse en marzo do pasado ano en 359 centros avaliándose a comprensión lectora, a oral e a expresión escrita. As escalas de medición de nivel de coñecemento de linguas correspóndense cos primeiros catro niveis (A1, A2, B1 y B2) do Marco Común europeo (CEFR).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.05.2012.