Pasar al contenido principal
STG

Un profesor da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, premiado no VI Congreso Europeo de Matemáticas

Pablo González Sequeiros recibiu o galardón ao mellor póster de investigación polo seu traballo sobre patróns construtivos en mosaicos repetitivos

Pablo González Sequeiros, profesor da Área de Didáctica da Matemática na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e membro do equipo de investigación Foliacións e Sistemas Dinámicose da rede ECSING (‘Ecuacións e Singularidades’), acadou recentemente o premio ao mellor póster de investigación na sexta edición do Congreso Europeo de Matemáticas, celebrado na cidade de Cracovia (Polonia). No seu póster Robinson inflation for repetitive planar tilings descríbese un tipo particular de patróns construtivos recorrentes dos mosaicos repetitivos e aperiódicos do plano, similares a si mesmos ao redor de calquera tesela, pero sen simetrías translacionais. O método detallado na súa tese, defendida o pasado mes de febreiro no Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC, aplícase tamén aos sólidos case-cristalinos polos que o profesor Daniel Schetman do Israel Institute of Technology logrou o premio Nobel de Química 2011.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.07.2012.