Pasar al contenido principal
STG

Docentes da USC desenvolven na cidade portuguesa de Porto o XIV congreso internacional de norte de Portugal e de Galicia de formación para o traballo

O Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC organiza os próximos días 19 e 20, xunto co Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, o XIV congreso internacional de norte de Portugal e de Galicia de formación para o traballo. O encontro desenvolverase no Auditorio Central da Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da Universidade de Porto (Portugal) baixo o lema ‘Construír proxectos, emprender carreiras. A formación, a orientación e o emprendedurismo’. Desde que se celebrou o Consello de Lisboa en 2000 recoñécese a necesidade de promover a aprendizaxe dos/as emprendedores/as en contextos formais e non formais para saber como afrontar os desafíos, a incerteza e o risco, nunha perspectiva de ser capaz de innovar e resolver diferentes problemas de difícil clasificación con solucións creativas e tecnoloxicamente avanzadas, apuntan as persoas responsables do evento. Neste contexto, o congreso desenvólvese para promover a comunicación e o intercambio de coñecemento entre diversos estamentos do tecido socioeducativo, sociopolítico, socioeconómico, científico-técnico e formativo-orientador con responsabilidades na formación, a orientación e o emprendedurismo, acerca de cómo construír proxectos e emprender carreiras. Co organizado polo profesor da USC Antonio Rial Sánchez, no encontro participa persoal investigador e docente así como dos diversos ámbitos da formación, educación e orientación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.07.2012.