Pasar al contenido principal
STG

A directora do Museo Provincial de Lugo fala sobre os retos do patrimonio arqueolóxico galego na Facultade de Humanidades

O martes 27 a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo celebra unha conferencia sobre os retos e necesidades do patrimonio arqueolóxico galego, a cargo de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo. A cita será ás 16.00 horas na aula 15 do centro. Esta actividade enmárcase dentro da materia de Xestión Cultural dos Recursos Arqueológicos que imparte a profesora dolores Dopico Caínzos, e aínda que vai dirixida especialmente aos alumnos do máster en Servizos Culturais que se imparte nesta Facultade do Campus de Lugo, a conferencia está aberta ao público en xeral. Segundo Aurelia Balseiro, “o patrimonio arqueolóxico presenta actualmente catro accións básicas que é preciso acometer o máis axiña posible: coñecer a dimensión dese patrimonio, artellar as medidas de protección necesarias, asegurar a súa conservación de cara ao futuro e levar a cabo acción para dalo a coñecer entre a sociedade”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.11.2012.