Pasar al contenido principal
STG

O congreso internacional ‘Cultura, educación e innovación’ comeza este xoves en Filosofía

O Instituto de Ciencias da Educación da USC colabora coa Rede de Investigación en Ciencias Sociais (RedICIS) e a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) na organización do congreso internacional ‘Cultura, educación e innovación’, que dará comezo este xoves 13 na Facultade de Filosofía e se estenderá ata o próximo día 15. O congreso inaugurarase oficialmente este mércores ás 9.30 horas nun acto que presidirá o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, Alberto Díaz de Castro O fortalecemento da capacidade investigadora e a transferencia de resultados, a creación de oportunidades de recoñecemento para as actividades dos grupos de investigación e os resultados alcanzados, así como fornecer a capacidade competitiva dos grupos á hora de captar recursos e potenciar a consolidación, o crecemento da rede redICIS e a súa interacción con outras redes, marcan os obxectivos deste encontro internacional. Cultura, turismo e educación con os eixos temáticos que vertebrarán os relatorios programados para o primeiro día da programación, no que se darán cita relatores procedentes de Italia, Irlanda, Alemaña ademais da propia USC e de Universidades españolas. Así, na sección de Cultura, moderada polo profesor Marcelino Agís, intervirán os docentes da USC Ángel González Fernández e Carlos Baliñas Fernández, da USC, e Antonio Piretti, da Universidade italiana de Perugia. Xa ás 12.00 horas comezará a sección sobre turismo, que coordina José Carlos de Miguel Domínguez, e na que participan Ángeles Alarcó, presidenta de Paradores, que explicará a singularidade dos Paradores de Turismo de España, e Ewa Pawlowska e Fidel Martínez Roget, da USC. Pola tarde desenvolveranse os primeiros paneis sobre educación. A xornada do venres será a quenda de innovación e de goberno corporativo con especialistas procedentes de Sevilla, Madrid, Arizona, Azores ou California. O programa rematará o sábado cunha sesión específica dedicada á filosofía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2012.